O Club de Xadrez Laroca na Liga 2009

25/4/09

13ª xornada






O Laroca - Nigrán D descansou nesta xornada

31/1/09

4ª xornada de liga

Este sábado parece que xa non chove tanto e os resultados melloraron respecto o sábado pasado. De tódolos xeitos podemos facelo moito mellor. Seguimos no camiño.




22/1/09

3ª xornada de liga e Zonáis Sub-14 e Sub-16

Este fin de semana ademais da xornada de liga, o domingo 25 no CIP de Mallón a partir das 11:00 celebráronse os torneos zonais Sub-14 e Sub-16. No plano da competición os resultados casi os podemos calificar de zona catastrofica. E o momento de apretar os cordóns dos zapatos e volver o camiño que ainda queda moita liga. Nos zonais Breixo, a última hora non puido participar, e Alberto non tivo o seu día. Pica aquí para información dos torneos.
Os resultados dos nosos equipos:

- LAROCA- NIGRÁN "A" 2-2 FRANOUREN LOUREIRO "A"
- MARÍN "A" 4-0 LAROCA- NIGRÁN "B"
- LAROCA- NIGRÁN "C" 1-3 VILLA DE BOUZAS "B"
- LUCENA "B" 4-0 LAROCA- NIGRÁN "D"

12/1/09

Empezou a Liga 2009

O sábado empezou a Liga 2009 da Federación Galega de Xadrez.
O noso club conta con dous equipos en 2ª división: O Laroca-Nigrán "A" no grupo D, e o Laroca-Nigrán "B" no grupo C.
Temos outros dous equipos en 3ª división: O Laroca-Nigrán "C" e o Laroca-Nigrán "D" que compiten no mesmo grupo I.
E na 4º división temos o Laroca-Nigrán Infantil formado polos mais cativos do club.
Os equipos de 2ª división enfrontáronse a equipos da capital da provincia con distinta sorte:
Pica nos resultados para ver as actas do encontro
Laroca-Nigrán "A" 0,5 - 3,5 Escola Xadrez Pontevedra "A"
Academia Copernico 0 - 4 Laroca-Nigrán "B"

En 3ª división os dous equipos do noso club tiveron que enfrontarse entre si (tal e como indica o regulamento) na primeira rolda. Tras unhas partidas moi disputadas o encontro rematou en empate:
Laroca-Nigrán "C" 2 - 2 Laroca Nigrán "D"

En 4ª División aínda non empezaron.
Se queres seguir a Liga o completo tes toda a información neste enlace

Datos personales

Seguidores